Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 14 de agosto

11.30 h
A alcaldesa en funcións e concelleira de Turismo, Reyes Leis, e a secretaria xeral para o Turismo, Carmen Pardo, percorrerán un treito do Camiño de Santiago (Camiño Francés) entre A Esquipa e San Marcos, correspondente a unha parte da Vía xacobea na que se levaron a cabo obras de rehabilitación por parte da Sociedade Anónima de Xestión do Plan Xacobeo dentro do termo municipal de Santiago de Compostela. O percorrido iniciarase no lugar do Pontillón, ao que se accede desde a estrada N-634a en dirección a Vilamaior.

13.00 h
No Salón Vermello, recepción aos participantes no curso Universitario Internacional de Música Española, dentro do programa Música en Compostela.

Verán na rúa
19:30 Praza da Quintana
NATALIA OUTEIRO "PAJARITO"
"A vida tola"
Santiago de Compostela. Circo-Clown. A partir de 3 anos
O peculiar universo desta muller-nena que anda ceiba polas rúas, fai de cada praza un novo xogo cada día. Xunto con todo o que a rodea, sucédense momentos de gargalladas inesquecibles a través da súa interacción co público e cos transeuntes.

Compartir: