Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 10 de agosto

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros Francisco Reyes e Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Comercio e Economía, Reyes Leis, para presentar a actividade de formación "Perseguindo unha meta. Da estratexia medieval ao éxito empresarial".

12.30 h
Na Casa do Concello, a concelleira María Castelao exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

Verán na rúa

19:30 Praza da Quintana
RUDI DUDI
"Clowntamination"
Bélxica. Clown. 2-14 anos
Espectáculo fantástico e moi divertido para un público familiar que participa constantemente coa súa presenza e enerxía. Veremos ao home máis forte do mundo e outros personaxes curiosos.

Compartir: