Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para luns 9 de xullo

11.00 h
No polígono de Costa Vella, o concelleiro de Tráfico, Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, presenta o novo servizo da grúa.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 10.45 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, ROLDA DE PRENSA de presentación oficial da VII edición de Galicia Fashion Week, que se celebrará do 10 ao 15 de xullo en Santiago de Compostela. Asisten: a concelleira de Comercio e Turismo, Reyes Leis; Jose Matteos, director de GFW, Inma Bernal, en representación de Mercedes Benz, patrocinador oficial de GFW; e María Mera, presentadora dos desfiles.

13.00 h
No restaurante Acio, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coas concelleiras Reyes Leis, Amelia González, Paula Prado e María Pardo, representantes dos partidos políticos da Corporación municipal e colaboradores da iniciativa farán unha pequena ruta por dous restaurantes participantes en Tapéate Compostela, que se celebra entre o 9 e o 22 de xullo. Ás 13.00 horas estarán no restaurante Acio, (Galeras 28), e as 13.45 h en O Curro da Parra (Rúa Travesa, 20).

20.00 h
Via Stellae
Na Zona "C", o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao concerto de Barroco Flamenco con Rafael Bonavita dentro do Via Stellae.

22.00 h
Via Stellae
No Teatro Principal, 'Melodía sentimental de Galicia a Brasil, de Chané a Villa-Lobos' con Uxía, Sergio Tannus, Jed Barahal e Christina Margotto dentro do Via Stellae.

Compartir: