Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 6 de xullo

11.00 h
No Pazo de Fonseca, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, participa na ROLDA DE PRENSA de presentación da exposición INVENTOS XENIAIS, HEROES OCULTOS. OBXECTOS COTIANS con representantes da USC e da Fundación La Caixa. Ás 11.30, inauguración da mostra.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Verde, a concelleira de Benestar Social e Umad, Paula Prado, asina un convenio de colaboración co xerente da Área de Xestión Integrada de Santiago do SERGAS, Luis Verde, para o desenvolvemento de parte da formación de residentes da unidade docente psiquiátrica e psicolóxica clínica en centros de drogodependencias municipais.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h
Na Casa do Concello, a concelleira Paula Prado recibe os alcaldes e demais participantes da peregrinación do Camiño Inglés.

18.00 h
En Cornes, a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste á entrega de premios organizada pola Secretaría xeral de Política Lingüística.

20.15 h
No Salón nobre de Fonseca, os concelleiros Paula Prado e Francisco Noya asisten ao acto solemne de entrega de diplomas e despedida aos licenciados da promoción 2010-2012 da Escola de práctica xurídica de Santiago.

20.00 h
Via Stellae
Na Zona "C", concerto de La Bellemont dentro do Via Stellae.

22.00 h
Via Stellae
Na Igrexa da Universidade, concerto de Mercedes Hernández, soprano, e Fernando Reyes, tiorba, baixo o nome de 'Cantatas, lamentos e cancións de Bárbara Strozzi' dentro do Via Stellae.

Compartir: