Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de xullo

11.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á exposición fotógrafica "Wakayama", organizada pola Casa de Galicia en Xapón.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1.- Ratificación da urxencia da convocatoria
2.- Compromiso de garantir o cumprimento dos obxectivos de estabilidade orzamentaria e de débeda pública aceptando a posible imposición polo Ministerio de Facenda e Administracións Públicas de condicións particulares en materia de seguimento e remisión de información, así como, no seu caso, de adopción de medidas de axuste extraordinarias que permitan dita corrección. Aprobación dos acordos que procedan.

11.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, ROLDA DE PRENSA de presentación de Tapéate Compostela, ruta de tapas que terá lugar entre o 9 e o 22 de xullo. Estarán Manuel Boquete e Manuel Lareo, en representación dos restaurantes organizadores do evento; Maruxa Ledo, xerente de Turismo de Santiago, Guillermo Fernández, en representación de Estrella Galicia; e Marta Rey, xerente do Mercado de Abastos.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón verde, a concelleira de Turismo, Comercio e Mercados, Reyes Leis, mantén unha reunión con entidades para a presentación do proxecto piloto de "Fomento da produción integrada no sector agrogandeiro e o comercio de proximidade" (SO GRÁFICOS. Enviarase nota).

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar a II Carreira Circuíto Corre San.

13.30 h
No Cersia, os concelleiros Paula Prado e Albino Vázquez asisten á clausura e entrega de diplomas do Curso da Policía Local sobre "Actuacións ante o consumo de bebidas alcólicas na rúa".

16.30 h
No Palacio de Congresos, a concelleira Amelia González asiste ao acto inaugural do Encontro Internacional Cooperativo.

17.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o gobernador da prefectura de Wakayama (Xapón), Yoshinobu Nisaka.

18.30 h
Na biblioteca da Cidade da Cultura, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao acto de homenaxe a Xaime Isla Couto.

19.30 h
Na Praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Serans.

20.00 h
Via Stellae
No Auditorio de Galicia, concerto da Orquestra Nova da Sinfónica de Galicia con 'Clásicos Populares', dirixida por Víctor Pablo Pérez dentro do Via Stellae.

22.30 h
Via Stellae
No Teatro Principal, concerto de Accademia del Piacere; Arcángel, cantaor; e Fahmi Alqhai, viola da gamba e director, baixo o nome 'Las idas y las vueltas: músicas mestizas' dentro do Via Stellae.

Vive o verán
10.00 a 20.30 h, saída ao parque acuático de Cerceda.7 a 14 anos. Prazas limitadas.Inscrición previa.
10.00 a 14.00 h, CSC de Vite, CSC de Conxo, CSC das Fontiñas e locais socioculturais do rural. Mañás de verán e de xogo.
19.30 a 21.00 h, Parque de Bonaval. Baile moderno. Lugar alternativo en caso de choiva: CSC das Fontiñas.
20.00 h, Zona Campus Sur (en fronte á facultade de Químicas), Taichi e Chi kung tradicional. Lugar alternativo en caso de choiva: Casa das Asociacións de Cornes.
11.30 a 13.30 h, Sede Sgae/Fundación Autor Santiago, MusicArte." O videoclip".Prazas limitadas. 4 - 9 anos.

Compartir: