Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o luns 30 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Ángel Currás, e do xerente do Auditorio, José Víctor Carou, para presentar a programación cultural do mes de agosto.

12.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto co concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, recibe os nenos e nenas que están a participar nas actividades de verán do albergue Don Bosco.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, e do profesor da USC, Elías Torres, para presentar un intercambio cultural con mozos de Cabo Verde.

Festas do Apóstolo

21:00 h. Quintana de Vivos co espectáculo de DJ Ibiza Music.
Praza da Quintana
Organizan: Os Catro da Quintana

Compartir: