Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsions informativas para o mércores 25 de xullo

10.00 h
Na Praza do Obradoiro, acto solemne da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.
10.15 h.
Chegada do Delegado Rexio (alcalde de Santiago, Ángel Currás) á Praza do Obradoiro.
Honras e pase de revista
Retirada de bandeiras e tropas
Saúdo ás autoridades
Formación da comitiva oficial
10.20 h.
Encontro no centro da Praza do Obradoiro da comitiva eclesiástica e a civil. Saúdo do Arcebispo ao Delegado Rexio.
Entrada na Catedral.
10.30 h
Comezo da cerimonia relixiosa da Ofrenda Nacional ao Apóstolo Santiago.
12.15 h. (aprox.)
Finalizada a cerimonia relixiosa, a comitiva oficial regresa ao Pazo de Raxoi.
Na Alcaldía, sinatura no Libro de Honra do Concello (SÓ GRÁFICOS)
No Salón Nobre, intervención do Delegado Rexio.

13.00 h
Na Zona "C" de Bonaval, Sesión Vermú Festas do Apóstolo con Novedades Carminha, Malandrómeda e Crebinsky DJ.

14.00 h
No comedor nobre de San Martiño Pinario, o alcalde compostelán e Delegado Rexio, Ángel Currás, asiste ao almorzo ofrecido polo Arcebispado.

17.00 h
No Panteón de Galegos Ilustres, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á Ofrenda Floral organizada pola Fundación Rosalía de Castro.

19.30 h
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega das Medallas de Galicia 2011.

Festas do Apóstolo 2012

10:00 h. Procesión do Padroado do Apóstolo Santiago Ofrenda Nacional ó Apóstolo na S.A.M.I. Catedral

12:30 h. Pasarrúas, cabezudos

13:00 h COMPOSTELA ROCK Sesión vermúDJ Crebinsky, Malandrómeda, Novedades CarminhaEntrada libre Zona C (Bonaval)

20:00 h. Animación de rúa

22:30 h CALLE 13 en Concerto Entren los que quieran .Venda anticipada: 25 eurosO día do concerto: 30 euros Venda de entradas: www.ticketmaster.com Praza da Quintana

22:30 h. Orquestra JERUSALÉN Paseo central da Alameda

Compartir: