Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para venres 13 de xullo

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese co presidente de Aspanaes (Asociación de pais de nenos autistas), Jesús Vázquez San Luis. Declaracións ao remate.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo, Reyes Leis, o coordinador da segunda edición do Imperial Stormtroopers, Andrés Fernández, e o presidente da Tropa Korriban – Asociación de Fans de Star Wars de Galicia, Manuel Ángel Gayoso, para presentar o desfile coas personaxes de Star Wars co que se celebrará o 30 aniversario da estrea da película O Retorno do Jedi. Na presentación haberá varias persoas caracterizadas de personaxes da película, entre eles Darth Vader.

13.00 h
Na Casa das Asociacións de Cornes, o concelleiro de Participación Cidadá e Centros Socioculturais, Francisco Noya, fai entrega dos diplomas aos participantes na xornada lúdica de xogos tradicionais, realizada en colaboración coa Asociación de Xogos Populares e Tradicionais.

20.00 h
No CGAC, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste á inauguración da exposición Eugenio Granell e o cinema.

20.00 h
Via Stellae
No Auditorio de Galicia, concerto de clausura do Via Stellae coa Real Filhamronía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave baixo o nome de 'O soño dunha noite de verán'.

22.30 h
Via Stellae
Na Praza de Abastos, Jazz no mercado: Isto é jazz! con Xacobe Martínez Antelo Quinteto dentro do Via Stellae.

Vive o verán
10.00 a 14.00 h, CSC de Vite, CSC de Conxo, CSC das Fontiñas e locais socioculturais do rural. Mañás de verán e de xogo
11.00 a 13.00 h, Casa das Asociacións de Corrnes, Xogos tradicionais. Todo os públicos.
21.00 h, Exterior do CSC de Vite, Observando o ceo: Aprendendo á montaxe de telescopios
13, 14 e 15: Viaxe á costa de Lisboa. Consultar programa específico.

Compartir: