Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 8 de maio

10.00 h
No salón de actos da EGAP (rúa Madrid, 2-4), o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do "International Congress on Environmental Health-L (curso de saúde ambiental)".

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Urbanismo, María Pardo, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na sede da Delegación do Goberno (A Coruña), o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co delegado do Goberno en Galicia, Samuel Juárez.

13.30 h
Na sede da Deputación da Coruña, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co presidente da Deputación, Diego Calvo.

20.15 h
Na Casa do Concello, recepción aos membros do "International Congress on Environmmental Health-L (curso de saúde ambiental)".

Curtocircuíto
10.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Público Novo 1.
12.00h. No Teatro Principal, proxeccións de Público Novo 1.
18.00h. No Abastos EGC, proxeccións de Tentación 2.
18.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Compostelae 1
20.00h. Na Zona "C", proxeccións de Romanía 1.
20.00h. No Abastos EGC, Happy Hour con proxección de Videoclips.
20.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Internacional 2.
22.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Explora 1.
De 10.00 a 14.4.30 e de 15.30 a 18.00h. Na Zona "C", Mercado Audiovisual.

Compartir: