Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de maio

10.00 h
En San Caetano, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co conselleiro de Medio Ambiente, Agustín Hernández. A continuación, asina un convenio coa Consellería para o fomento do transporte urbano. Haberá declaracións ao remate na Sala de Xuntas da Consellería.

10.00 h e 11.30 h
Na Inmaculada cunha sesión ás 10:00 h e no CEIP López Ferreiro ás 11:30 h, 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago, organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Familia, Benestar Social e Muller, Paula Prado, para presentar o Día da Familia.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o XIV Trofeo de ciclismo Cidade de Santiago.

20.00 h
No CSC do Ensanche, proxección de A Cruz de Ferro, dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co director de Cineuropa, José Luis Losa.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Capela Compostelana interpreta 'Carmina Burana'. Dirixidos por Miro Moreira.

21.00 h
No Teatro Principal, concerto de ‘Dúo Cabra’ presentando ‘Papel Médium’, dentro do ciclo Compostela Rock e enmarcado no Festival Internacional de Curtametraxes Curtocircuíto (Barcelona/Santiago, experimental/videocreación).

Curtocircuíto
18.00 e 20.00h. Na Zona "C", proxeccións de Explora-Aqualogy 1 e Novo cinema romanés 1.

Ler, contar e gozar coas letras
18.00 CSC de Conxo, Cóntame un conto. Nenos/as
19.00 CSC de Conxo, Estamos de contada. Todos os públicos

Compartir: