Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 11 de maio

A partir das 9.00 h
No Pavillón de Vite, Campionato de España de Hóckey a patíns feminino sub-16.

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Ratificación da urxencia da convocatoria
2. Toma de posesión do cargo de concelleira de dona Rebeca Domínguez Iglesias
3. Operación de endebedamento conforme ao Real decreto lei 4/2012 de 24 de febreiro polo que se determinan obrigas de información e procedementos necesarios para establecer un mecanismo de financiamento para o pagamento aos proveedores das entidades locais.

10.00 h e 11.30 h.
No Colexio Junior’s ás 10.00 h e no CEIP Roxos Villestro ás 11.30 h continúa o 2º Ciclo de concertos didácticos nos centros de educación infantil e primaria de Santiago "Os contos no país do xeo", organizados pola Concellería de Educación, a través da Escola Municipal de Música.

10.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, inaugura a xornada de emprego Estratexias de colaboración público-privada para a dinamización do mercado do emprego no contexto local, no que pronunciará unha ponencia baixo o título "Santiago, unha cidade máis atractiva para a inversión e o emprego".

11.00 h
No Salón Vermello da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, fai entrega dos premios do Concurso de Debuxo do 50 Aniversario da SD Compostela, acompañado de directivos da SD Compostela e o xerente de Area Central.

11.20 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Día da Bicicleta.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Persoal e Réxime Interior, Amelia González, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
En San Caetano, o alcalde compostelán, Ángel Currás, reúnese en audiencia co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

20.00 h
No CSC das Fontiñas, proxección de A cor púrpura, dentro do programa Cine classics’12. A continuación, "Café con Cine", charla sobre a película co presentador de Cultura 10 da TVG, Claudio Pan.

20.30 h
No Teatro principal, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a Gala de Clausura do IX Festival Internacional de Curtametraxes, Curtocircuíto, coa entrega de premios desta edición.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Paul Lewis dentro do ciclo de piano Ángel Brage. .

21.00 h
Na praza de Praterías, concerto da Banda, Orquestra e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago de Compostela, no que participará alumnado e profesorado da mesma. Antes (20.00 h) visita guiada á exposición para as familias da Escola Municipal de Música.

22.00 h
Na Sala Moon (República Argentina, 25), actuación dos grupos Hellorice e Acoraphobia, dentro do festival 'MusiCompostela', actividade enmarcada no Plan de Acción Local na Prevención de Drogodependencias.

22.30 h
No Teatro Principal, cineconcerto especial de clausura de Curtocircuíto con Mano de Obra (A Coruña, pop-rock electrónico).

Curtocircuíto
10.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Público Novo 3.
12.30h. No Teatro Principal, proxeccións de Público Novo 3.
18.00h. Na Zona "C", proxeccións de Robots.
20.00h. Na Zona "C", proxeccións de Tentación 2.
20.30h. No Teatro Principal, gala de Clausura
22.30h. No Teatro Principal, cineconcerto con mano de Obra.
00.00h. No Teatro Principal, proxección das curtametraxes gañadoras.
De 10.00 a 14.4.30 e de 15.30 a 18.00h. Na Zona "C", Mercado Audiovisual.
16.00h. Na Fundación Autor, Clase Maxistral 'O Guión para ciencia-ficción'

Ler, contar e gozar coas letras
17.00 A 17.30 h, CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing). Todos os públicos.
17.00 h, CSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todas os públicos.
18.00 h, CSC de Vite, Obradoiro: Xogamos con Rosalía.Nenos/as.

Letras Galegas
18:00 h, no Local Sociocultural de Busto. O conto viaxeiro: Nenos e nenas entre 5 e 12 anos.

Compartir: