Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 29 de abril

13.00 h
Na Alameda de Santiago, con motivo da celebración da Feira do Libro e coincidindo cunha xornada máis do ciclo de concertos "Música nas Prazas", a banda da Escola Municipal de Música ofrecerá un concerto no Palco da Música.

13.30 h
Na Casa do Concello, recepción aos participantes da European Roundtable 2012, presidida polo presidente do Parlamento alemán, Norbert Lammert.

18.00 h
No Hotel Quinta da Auga, o alcalde compostelan, Ángel Currás, asiste á inauguración da European Roundtable 2012, acto presidido polo presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.

19.30 h
Na Zona "C" Ars Artis presenta 'Será o meu propio paraíso' con Lucas Herrador e Olga Abad.

Compartir: