Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 14 de abril

A partir das 8.30 h e durante todo o día:
No Auditorio de Galicia (Sala Mozart), fase comarcal do Club de Debate. Ás 19.00 h, o concelleiro de Educación e Normalización Lingüística, Ángel Currás, asiste ao acto final de proclamación de gañadores e entrega de premios. (Horarios en www.santiagodecompostela.gal).

16.30 h
Nas inmediacións do estadio de San Lázaro, X Duatlón Cidade de Santiago. Pola mañá (11.00 h), saída dos nenos.

20.30 h
Na Zona "C", estrea de 'Será o meu propio paraíso' de Ars Artis dentro do programa de Teatro&Danza. Con Olga Abad e Lucas Herrador.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Emanuel Ax dentro do ciclo de piano Ángel Brage.

Compartir: