Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de abril

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; e de Lucas Herrador e Olga Abad de Ars Artis para presentar 'Será o meu propio paraíso' que se estrea na Zona "C" o sábado 14.

20.00 h
No CSC do Ensanche, obradoiro para adultos de guión cinematográfico con Ángel de la Cruz, gañador de 3 premios Goya, dentro do programa Cine classics’12, organizado pola Concellería de Centros Socioculturais.

20.30 h
No CSC de Conxo, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, reúnese coa asociación Conxo Aberto, xunto cos concelleiros Francisco Noya e Juan de la Fuente, para falar sobre o túnel de Conxo.

21.00 h
No Teatro Principal, DLoira presenta o espectáculo de danza 'Tulipanes'.

"Ler, contar e gozar coas letras"
17.00 a 17.30 h, no CSC das Fontiñas, Obradoiro de liberación de libros (bookcrossing).
Todos os públicos.
17.00 h, no CSC de Conxo, Retallos. Campaña de animación á lectura. Todas os públicos
18.00 h, no CSC de Vite, Obradoiro: Xogamos con Rosalía. Nenos/as

Compartir: