Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 27 de decembro

10.00 h
No Pavillón do Restollal, I Campus de Nadal Rítmica Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Campionato Galego de Natación.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marta Álvarez-Santullano, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 29 de novembro de 2012 (núm. 24/2012).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 29 de novembro de 2012 (núm. 25/2012).
3. Aprobación inicial do Regulamento da Policía Local.
4. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM e do PE-1 na rúa de San Miguel dos Agros, número 5.
5. Aprobación inicial da modificación puntual do catálogo do PXOM e do Plan especial de patrimonio construído de interese cultural do termo municipal de Santiago, no ámbito correspondente aos números 108, 110 e 112 da avenida de Rosalía de Castro.
6. Aprobación definitiva da modificación puntual do Plan parcial do SUNP-22, no ámbito do quinteiro 16. Castro de Abaixo.
7. Ampliación de usos na reserva de equipamento SU-4 (Recinto feiral de Amio).
8. Adhesión do Concello ao código de boas prácticas para a instalación de infraestruturas de telefonía móbil.
9. Subsanación de erro material detectado na disposición derrogatoria única da ordenanza de ocupación e uso da vía pública.
10. Proposición do grupo municipal do PSdePSOE relativa ao ERE e aos despidos no Hostal dos Reis Católicos.
11. Dar conta de Resolucións da Alcaldía relativas a substitucións e dedicación exclusiva.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

21.00 h
No Teatro Principal, Berrogüetto presenta a 'Xira de andar por casa' dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

Compartir: