Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de decembro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Toma posesión do cargo de concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Dona María de los Ángeles Gómez Bugallo.
2. Toma posesión do cargo de concelleira do grupo municipal do PSdeG-PSOE, Dona Rosario Valledor Puente.
3. Proposta de aceptación da cesión global do activo e pasivo de EMUVISSA.
4. Proposta de integración do persoal de EMUVISSA no Concello de Santiago.
5. Resolución de alegacións e aprobación definitiva, se procede, do expediente de modificación de ordenanzas fiscais para o ano 2013.
6. Designación de representantes do grupo municipal socialista en Comisións Informativas e Órganos Colexiados.

10.00 h
No Pavillón do Restollal, I Campus de Nadal Rítmica Compostela.

11.30 h
Na Alameda (Centro de interpretación de Parques e Xardíns), a concelleira de Medio Ambiente, María Castelao, visita os obradoiros do programa "A Fábrica de Agasallos. Nadal en verde na Alameda".

11.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, fai entrega do trofeo do Concello de Santiago ao Comité organizador do 50 Aniversario e á SD Compostela.

19.30 h
No Teatro Principal, o ilusionista Martín varrela presenta '15 ilusións para unha noite', dirixida por Antón López, dentro do programa Infantil&Familiar (maxia).

Compartir: