Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 14 de decembro

10.30 h
Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos, xunto coa concelleira de Turismo, Reyes Leis.

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Traballo, Paula Prado, para presentar novas accións no ámbito do emprego. Estará acompañada polo profesor da Universidade de Vigo, director de Libredón (psicología & Coaching) en Santiago e experto en alto rendemento de personas, Joaquín Dosil.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista, Xosé Baqueiro e Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na oficina do grupo municipal socialista, o voceiro Francisco Reyes e o deputado Xosé A. Sánchez Bugallo, reciben o Comité de Empresa do Hostal dos Reis Católicos.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o II Campus Verónica Boquete.

13.30 h
Na Alcaldía, reunión do padroado da Fundación Granell.

19.00 h
No Salón Vermello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a entrega dos premios Antón Fraguas de investigación sobre o traxe galego.

19.00 h
No Teatro Principal, concerto "As arpas de Breogán", de Rodrigo Romaní.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, as concelleiras Reyes Leis e Paula Prado, asisten ao desfile de Lio Lio en beneficio de Xuntos Podemos.

20.00 h
No Cersia, o alcalde compostelán, Ángel Currás, preside a entrega do XIII premio Manuel Beiras xunto co presidente da Cámara de Comercio, Jesús Asorey, e o secretario xeral de Política Lingüística, Valentín García.

20.30 h
Na Sala Capitol, concerto de Los Enemigos que presentan 'Revuelta Enemiga' dentro do ciclo Compostela Rock.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, Berto Romero presenta 'La apoteosis necia' dentro do ciclo Falabaratos.

Compartir: