Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 12 de decembro

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Francisco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No CGAC, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Turismo e Mercados, Reyes Leis, para presentar o "Mercado da Estrela".

12.30 h

Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre o proxecto de obras de mellora do estadio de San Lázaro. Asiste o presidente da Federación Galega de Atletismo, Isidoro Hornillos.

19.00 h
No pavillón de Santa Isabel, o concelleiro de Deportes, Adrián Varela, asiste ao I Torneo Pro-Am Segundo Rey.

19.30 h
Na sede da Fundación Granell (Pazo de Bendaña, Praza do Toural), o alcalde e presidente do Consorcio de Santiago, Ángel Currás, presenta o libro Os tesouros da illa de Granellandia, editado polo Consorcio de Santiago en colaboración con El Patito Editorial. Con esta nova publicación, o Consorcio quere sumarse aos actos conmemorativos do Centenario de Eugenio Granell.

21.00 h
Na Zona "C", Xoán Curiel presenta 'Novas' dentro do ciclo Íntimo&Acústico.

21.00 h
No Teatro Principal, Contra2 e o Centro Coreográfico Galego presentan 'Gharbo!' dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: