Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de novembro

9.00 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM no ámbito do solo urbanizable non delimitado número 3 (SUND-3). A Torreira-Sarela.
2. Aprobación provisional da modificación puntual do PXOM que afecta aos capítulos IV e V da normativa urbanística, así como aos artigos 125.6 e 126.7.
3. Aprobación definitiva do estudo de detalle do Polígono 29 (P-29) do PXOM. Cornes III.
4. Renuncia ao cargo de concelleiro de Don Xosé A. Sánchez Bugallo.
5. Renuncia ao cargo de concelleira de Dona Mª Luisa del Río Araújo.

11.30 h
O alcalde compostelán, Ángel Currás, visita o barrio das Fontiñas. Punto de encontro: entrada principal de Área Central. A continuación, visita o barrio de Viso. Punto de encontro: centro sociocultural de Viso (en fronte das pistas de pádel de Sar).
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.15 h da praza do Obradoiro.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; Chelo Pampillón, presidenta da Federación Galega de Teatro Afeccionado, FEGATEA; e José León, vicepresidente; para presentar a programación da XI edición do Festival de Teatro Afeccionado Agustín Magán, que se celebra no Teatro Principal do 6 ao 11 de decembro.

12.30 h
En Área Central, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, para presentar o Rally Botafumeiro.

13.00 h
Na Casa do Concello, a voceira adxunta da Xunta de Goberno Local, María Castelao, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

14.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á clausura da Xornada sobre Aforro e Eficiencia Enerxética.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 25 de outubro de 2012.
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 31 de outubro de 2012.
3. Declaración institucional do Concello de Santiago de Compostela no día internacional para a eliminación da violencia de xénero.
4. Declaración institucional de manifesto da FAPE en defensa do periodismo.
5. Corrección de erro na ordenanza municipal reguladora das terrazas e quioscos.
6. Aprobación inicial das seguintes modificacións orzamentarias:
Número 2012-TRANSFER-17.
Número 2012-SUPLEM-23.
Número 2012-CTO.EXTRAOR-24.
Número 2012-CTO.EXTRAORD-25.
Número 2012-CTO.EXTRAORD-29.
7. Proposta da concelleira delegada de persoal relativa á declaración de indispoñibilidade de créditos do plan de axuste. Amortización prazas ano 2012.
8. Designación de novo membro da Comisión Asesora do Patrimonio Histórico.
9. Proposta da concelleira delegada de mercados sobre aprobación inicial do regulamento de venda ambulante.
10. Proposta da concelleira delegada de familia, benestar social, muller e emprego de declaración de localidade solidaria co alzheimer.
11. Proposta da concelleira delegada de urbanismo sobre bonificación no ICIO por causa de especial interese municipal, na licenza de obras na parcela sita no SUNP-5 da Muiña.
12. Proposta da concelleira delegada de urbanismo sobre denegación da bonificación no ICIO solicitada pola FUNDACIÓN ATLÁNTICA.
13. Proposición do PSdeG-PSOE relativa ao proxecto de lei de reforma das taxas xudiciais.
14. Proposición do BNG relativa á modificación da Lei Hipotecaria co fin de evitar os desafiuzamentos.
15. Dar conta de persoamentos e sentenzas en recursos contencioso-administrativos.
16. Dar conta de resolucións da Alcaldía relativas á coordinación de departamentos e pagamento de indemnizacións por inexecución de sentenza.
17. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno Local.
18. Rogos e preguntas.
19. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

19.00 h
No CSC O Ensanche, I Libroforum aberto coa escritora Xulia Alonso. Todos os participantes dos clubs de lectura dos centros socioculturais e todo aquel que queira participar gozarán dun encontro coa autora de Futuro Imperfecto, Xulia Alonso.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filhrmonía de Galicia dirixida por Maximino Zumalave. Con Ilka Kaler, violín.
Cineuropa
Teatro Principal
16.00 4:44 Last Day on earth Panorama Internacional
17.45 The Cabin in the woods Fantastique Compostela
19.30 O gebo e a sombra / 101 Sección Oficial
21.45 Like someone in love Panorama Internacional
23.45 Compliance Panorama Internacional
Salón Teatro
16.00 Avión, el pueblo ausente Cineuropa Docs
17.45 Educación física Buenos Aires Connection
19.45 Papirosen Buenos Aires Connection
21.00 A Royal Affair Sección Oficial
23.30 Garage Olimpo Cult Movies
CGAC
13:00 (NOTICIAS DA ANTIGÜIDADE IDEOLÓXICA-MARX/EINSTEIN/O CAPITAL) /Marx/Eisenstein/El Capital. Retrospectiva Alexander Kluge

Vive o Nadal 2012
17.00 LSC de San Lourenzo Belén colectivo. Facemos figuriñas para o belén Nenos
19:30 CSC de Conxo O amigo invisíbel. Nenos. Dinámica solidaria do Nadal
20:00 CSC das Fontiñas Actuación musical: "Aires nuevos". Pablo Bicho. Adultos.

Compartir: