Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 22 de novembro

11.00 h
Na Alameda (estatua de Castelao), as concelleiras de Educación, Rebeca Domínguez, e de Medio Ambiente, María Castelao, participan na actividade "Land art", organizada polo CEIP Pío XII.

11.30 h

Na Alcaldía, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe o director territorial de Galicia da empresa Aquagest, Enric Font Martínez, e o director rexional da zona norte, centro e sur, Javier Mediavilla. (Haberá declaracións ao remate).

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Albino Vázquez, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social, Paula Prado, para presentar os actos con motivo do Día internacional para a eliminación da violencia de xénero

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal socialista, Marisa del Río, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director de Cineuropa, José Luis Losa; Eloy Enciso, director de 'Arraianos'; e Carlos Esbert, produtor; para falar da presentación do filme, 'Arraianos', que se fará ás 20.00h no Teatro Principal.

18.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe os membros da Comisión de Cultura do Congreso dos Deputados.

18.30 h
Na Facultade de Medicina, o concelleiro Francisco Noya, asiste á clausura do XIV Congreso Internacional de Cirurxía para Estudantes.

19.00 h
No Palau Moxó (Barcelona), presentación gastronómica a cargo do cociñeiro Kike Piñeiro con motivo do 40 Aniversario da Convención do Patrimonio Mundial da Unesco.

19.30 h
Na Aula Magna da Facultade de Químicas, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á inauguración do Congreso de ENCIGA, Asociación de Ensinantes de Ciencias de Galicia.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto especial de Cineuropa da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Nacho de Paz. Interpretan 'Nosferatu. Eine Symphonie des Grauens' de J.M. Sánchez-Verdú acompañados da proxección do filme.

21.00 h
Na Sala Capitol, concerto de Supersubmarina dentro do ciclo Compostela Rock.

Cineuropa
Teatro Principal
18.00 J’ai tué ma mère Retrospectiva Xavier Dolan
20.00 Arraianos Coa presenza do director e equipo do filme Sección Oficial
21.45 The Imposter Panorama Internacional
23.30 The Land of Hope (KIBÔ NO KUNI) Panorama Internacional
Salón Teatro
17.30 Morreu o demo, acabouse a peseta Cineuropa Docs
19.30 Love is all you need Sección Oficial
21.45 Robot & Frank Fantastique Compostela
23.30 Les amours imaginaires Retrospectiva Xavier Dolan
CGAC
18.00 Underground: la ciudad del arco iris Docs Music
20.00 Dame Veneno presentado polo compositor e cantante Kiko Veneno Docs Music
21.15 Mesa de debate Liberdade e creación musical: da censura política ás imposicións dos mercados?
Con Kiko Veneno / Héctor Fouce / Xavier Valiño

Compartir: