Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 2 de novembro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Rural, Luis Bello, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros do grupo municipal socialista, Xosé Baqueiro e Mercedes Rosón, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Francisco Noya, para presentar a 30 edición do Outono Fotográfico. Na rolda tamén estará Xosé Lois Vazquez, da Fundación Benito Losada, entidade organizadora.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea absoluta de 'Románticos' de Mofa e Befa-Produccións Teatrais Excéntricas. Quico Cadaval, Xan Cejudo, dirección. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval e Piti Sanz. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Previsións informativas para o domingo 2 de decembro

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Banda Crebinski dentro do ciclo Sons 2012. Presentan o seu novo disco 'Jet lag'.

Compartir: