Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de novembro

20.00 h
No Paraninfo da USC, conferencia ofrecida polo profesor Juan Monterroso Montero baixo o título "Tradición e modernidade. A emblemática como soporte da memoria e o progreso das RSEAP", dentro do ciclo de conferencias da Real Sociedade Económica de Amigos do País da Cidade de Santiago. Homenaxe a Juan José Moralejo. Asisten varios concelleiros.

21.00 h
No Casino de Santiago, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste á entrega do IX Premio Novela Europea ao escritor Herman Koch.

Cineuropa
Teatro Principal
16.45 Mapa Sección Oficial
18.30 Foxfire Panorama Internacional
21.15 Cesare deve moriré Sección Oficial
22.45 Laurence Anyways Sección Oficial e Retrospectiva de Xavier Dolan
Salón Teatro
17.30 See no evil Cult Movies
19.15 Cesare deve morire Sección Oficial
20.45 El muerto y ser feliz Sección Oficial
22.45 Holy Motors Sección Oficial
CGAC
18.15 ABSCHIED VON DER SICHEREN SEITE DES LEBENS (ADEUS AO LADO SEGURO DA VIDA) Retrospectiva Alexander Kluge
20.15 More than this: a historia de Roxy Music Docs Music: Explorando o camiño da censura
22.15 KRIEG IST DAS ENDE ALLER PLÄNE (A GUERRA É O FINAL DE TODO PLAN) Retrospectiva Alexander Kluge

Compartir: