Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de outubro

11.00 h
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Ángel Currás, visita o autobús que con motivo da Semana do Cerebro se instala en Compostela.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Adrián Varela, sobre asuntos da súa área.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No salón de actos da Consellería de Presidencia, a concelleira de Educación, Rebeca Domínguez, asiste aos actos con motivo do Día mundial do Docente.

12.00 h
En Incolsa, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, reúnese con representantes de Hostelería de Santiago. Enviarase nota e foto.

12.30 h
No Teatro Principal, ROLDA DE PRENSA do director-xerente do Auditorio de Galicia, José Víctor Carou; Antón Valén, director da Escola Internacional da Comicidade; e Nacho Fungueiriño, coordinador da Escola para presentar as dúas obras que se celebran no ciclo 'Teatro&Danza' en colaboración coa Escola: 'Los habitantes de Arlequinia' e 'Contratiempos'.

13.30 h
Na sede do Consorcio, comisión executiva da devandita entidade.

17.00 h
No IES de Fontiñas, a concelleira de Educación e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, asiste ao lanzamento europeo de "Eurocatering en 12 linguas".

22.30 h
No Auditorio de Galicia, 'Las noches del Club de la Comedia' con "El Monaguillo", Franquesa e Broncano.

Festival Internacional de Títeres, Galicreques
18.00h. Actividades de rúa na Praza das Praterías
18.00h. Actividades de rúa na Praza Roxa
20.30h. No Teatro Principal, 'As, os, @s'

Compartir: