Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 31 de outubro

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: aprobación inicial e establecemento de ordenanzas fiscais para o ano 2013.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a Asociación de Veciños A Ponderosa, do barrio de Guadalupe.

11.30 h
Na igrexa da Universidade, o concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, asiste á inauguración da exposición de artes plásticas do programa Xuventude Crea, organizado pola Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado.

12.00 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, Paula Prado, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Xuventude, Adrián Varela, para presentar as actividades da Concellería para novembro e decembro.

17.30 h a 19.30 h
CSCXM O ENSANCHE, Monográfico Informática "Manexo básico de Internet" adultos con coñecementos de informática.

20.30 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Ernest Martínez Izquierdo. Con Karl Kriikkum clarinete. Dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea absoluta de 'Románticos' de Mofa e Befa-Produccións Teatrais Excéntricas. Quico Cadaval, Xan Cejudo, dirección. Con Evaristo Calvo, Víctor Mosqueira, Quico Cadaval e Piti Sanz. Dentro do ciclo Teatro&Danza.

Compartir: