Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 28 de outubro

11.30 h
En Xoán XXIII, o alcalde compostelán, Ángel Currás, dá o pistoletazo de saída á Carreira Popular Pedestre de escolares. Ás 12.30 h, na praza do Obradoiro, participa na entrega de premios e ás 13.30 h, na Casa do Concello, recepción aos membros da organización e autoridades.

12.00 h
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Xosé Carlos Seráns.
13.00 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, concerto da Orquestra do Espazo de Cámara da USC, dirixida por Mario Diz, dentro das Xornadas de Música Contemporánea.
19.00 h
Na Igrexa da Universidade, concerto do Trío Landelle, Grupo de Cámara da Sinfónica de Galicia dentro das Xornadas de Música Contemporánea.
19.30 h
Na Zona "C" de Bonaval, o Colectivo As Churras presenta "A Triloxía: As Furias" dentro do ciclo Teatro&Danza.
20.00 h
No Teatro Principal, Teatro Meridional presenta 'Calisto' de Julio Salvatierra dentro do ciclo 'Teatro&Danza'.
21.00 h
Na Igrexa da Universidade, concerto do Cuarteto Four Corners, Grupo de Cámara da Sinfónica de Galicia dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

Compartir: