Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 5 de xaneiro

10.00 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, recibe os nenos e nenas do Centro Don Bosco.

11.00 h
Na praza de Abastos (torre central), o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, será a man inocente no sorteo de Nadal da Praza de Abastos.

12.00 h
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, preside o acto de entrega de premios do Concurso de Beléns e do Concurso de Ambientación Navideña.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Recollida do Lixo e Limpeza Viaria, Juan de la Fuente, sobre asuntos da súa área.

CABALGATA DE REIS
17.40 h
Chegada dos Reis Magos á estación do ferrocarril, onde serán recibidos polas autoridades e a Banda Municipal.
Itinerario: Estación do Ferrocarril, Santiago de Chile, Frei Rosendo Salvado, Praza Roxa, República do Salvador, Hórreo, Praza de Galicia, Rúa da Senra, Porta Faxeira, Rúa do Vilar, Xelmírez, Praza das Praterías e Praza do Obradoiro (Casa do Concello).

19.45 h
Chegada á praza do Obradoiro e recepción do Alcalde e Corporación Municipal. Os Reis dirixiranse aos nenos e nenas presentes dende os balcóns do Pazo de Raxoi.

Sesión de pirotecnia e show dos pallasos.

Os Reis Magos atenderán as peticións de todos os nenos e nenas no Pazo de Raxoi.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xerardo Conde Roa, asiste ao Concerto de Reis da Real Filharmonía de Galicia, dirixida por Antón Ros Marbá e con María Bayo, soprano. .

Compartir: