Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de maio

Día das Letras Galegas
11.30 h
Na Alameda, solta de libros (book croosing).
12.00 h
Na Rúa do Vilar, concerto extraordinario das Letras Galegas pola Banda Municipal de Música.
13.00 h
Na Praza do Toural, lectura de poemas de Lois Pereiro, por nenas e nenos da escola de danza da Asociación Cantigas e Agarimos.
Intervención do alcalde Xosé A. Sánchez Bugallo.
Actuación de Cantigas e Agarimos.
17.30 h
Na praza da Quintana, exhibición de traxes tradicionais a cargo da Asociación do Traxe Galego e actuación da Colexiata do Sar.
Gran Xogo Colectivo Atopando Compostela. Participarán colectivos e cidadanía en xeral. Agasallo dun libro do autor homenaxeado a todos os participantes (repartiranse 300 libros).
Actuación do Coro da Rá.
21.00 h
No Teatro Principal, representación da obra Pelos na lingua por Talía Teatro. Entrada gratuíta ata completar aforo.

Compartir: