Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 1 de agosto

10.30 h
A concelleira de Xuventude, Rebeca Domínguez, e o director xeral de Xuventude e Voluntariado, Ovidio Rodeiro, visitan a actividade de Voluntariado Ambiental que se está a levar a cabo no Monte do Pedroso. Punto de econtro: caseta de vixilancia forestal do Pedroso.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes , sobre asuntos da súa área.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da alcaldesa en funcións, Reyes Leis, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción aos participantes no campamento urbano organizado polo Centro Xuvenil Don Bosco.

12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Centros Socioculturais, Participación Cidadá e Festas, Francisco Noya, sobre asuntos da súa área.

12.30 h
Na Casa do Concello, a voceira da Xunta de Goberno Local, María Pardo, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

Compartir: