Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o luns 10 de abril
NOTA: enviarase nota cos asuntos da Xunta de Goberno Local.
11.30 h
En Pontepedriña, (rúa do Escultor Camilo Otero - parque Eugenio Granell, na ponte que cruza o río Sar fronte a Adams Formación), o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste aos actos con motivo do Día Internacional do Pobo Xitano.
13.00 h
En Padrón, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, e concelleiras e concelleiros da Corporación asisten aos actos con motivo do Día de Santiago en Padrón.
17.00 h
No CSC Maruxa e Coralia da Cidade Histórica, inauguración da exposición de tapices artesanais, parte deles realizados polo alumando dos obradoiros desenvolvidos no centro.