Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o venres 29 de decembro
10.00 h
No Salón Amarelo, sinatura do acordo para os orzamentos municipais 2024 entre Goretti Sanmartín en representación do BNG, María Rozas en representación de CA, e Aitor Bouza en representación do PSdeG-PSOE.
12.00 h
Na Comisaría da Policía Nacional en Santiago, a alcaldesa de Santiago, Goretti Sanmartín, asiste ao acto de toma de posesión do novo comisario, Felipe Guzmán.