Previsións informativas para o mércores 16 de novembro
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Acción Cultural, Mercedes Rosón, para presentar os roteiros Compostela Feminista e Compostela Mural.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Festas, Gonzalo Muíños, para presentar o Mercado da Estrela. Na rolda tamén estará Elena Fabeiro, da Fundación Artesanía de Galicia; e Mónica Mejías, organizadora.
12.30 h
Na igrexa de San Frutuoso, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste aos actos con motivo do Día mundial do Patrimonio.
13.30 h
Na Facultade de Medicina e Odontoloxía, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao 18th ASEICA International Congress.
14.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do curso de ATEGAL.
19.30 h
Na Sala Agustín Magán do CSC de Santa Marta, o alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, asiste ao acto de homenaxe a José Saramago no centenario do seu nacemento.