Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o venres 5 de xuño
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Xosé Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.
NOTA: retransmitirase por streaming a través da páxina web municipal.
12.00 h
No Concello de Oroso (Consistorio), o concelleiro de Turismo, Sindo Guinarte, asiste á reunión da Asociación de Municipios do Camiño Inglés, á que asisten alcaldes e concelleiros dos municipios adheridos á esta entidade.