Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 22 de xuño

9.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a nova directiva de Federación de Asociacións de Veciños do Rural de Santiago (Ferusa)

10.45 h
No IES Antonio Fraguas, obradoiro de graffiti para o alumando, enmarcado no Plan Rúas e impartido pola asociación Vella Escola.

11.30 h
No Salón Verde, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asina un convenio de colaboración co presidente da Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidades Mentais (FEAFES), José Ramón Girón García, para a cesión de uso de tres vivendas municipais. Declaracións ao remate.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, e do xefe dos Bombeiros de Santiago, Xesús Martínez, para dar conta da información relativa ás cacharelas de San Xoán.

12.30 h
No Pazo de Altamira, a concelleira de Desenvolvemento Económico e Turismo, Marta Lois, asiste á presentación dun estudo sobre o gasto que realizan os asistentes aos partido do Obradoiro.

21.00 h
No Auditorio Abanca, concerto extraordinario de fin de curso dos alumnos do Curso de Especialización Orquestral da Escola de Altos Estudos Musicais. Con músicos da Real Filharmonía de Galicia e dirixidos por Maximino Zumalave.

Compartir: