Previsións informativas para o mércores 30 de marzo
9.30 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, preside a Comisión executiva da devandita entidade. SÓ GRÁFICOS. Enviarase nota de prensa.
10.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta dos datos estatísticos da Policía Local do ano 2015. Na rolda tamén estarán o inspector José Antonio Pena e a oficial Diana Parente.
12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, participa na II edición do programa "Yo me preparo", organizado pola Fundación Down Compostela.
12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
No Parlamento de Galicia, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese co presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo.
17.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o cónsul xeral de Cuba, José Antonio Solana Fernández.
20.30 h
No local social do Aeroclub (rúa Xeneral Pardiñas, 34), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, ofrece unha charla baixo o título "Compostela, capital solidaria con futuro".
21.00 h
No Teatro Principal, concerto de Ses que presenta o seu terceiro disco ‘Tronzar os valos’.