Previsións informativas para o luns 21 de marzo
12.00 a 14.00 e de 17.00 a 19.00 h
Na Igrexa da Compañía ou da Universidade, Obradoiro de organería para crianzas, ‘Constrúe o teu propio tubo’, dentro do ciclo ‘De Lugares e Órganos’.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, para dar conta dos datos estatísticos dos Bombeiros do ano 2015.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
Celebración do Día mundial da árbore
12.00 h
Na Alameda, o concelleiro de Medio Ambiente e Conviencia, Xan Duro, participa no roteiro guiado con motivo do Día da Árbore. Haberá roteiros guiados pola Alameda, o parque de Vista Alegre e o parque Eugenio Granell ás 10.00 h, 12.00 h e 16.30 h.
12.30 h
No Multiúsos Fontes do Sar, a concelleira de Deporte, Noa Morales, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación da final da Copa Xunta
13.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa Fundación Heracles.
20.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á Gala da Fundación Down Compostela. Asiste tamén a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández.