Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o sábado 12 de marzo
10.30 h
No Hostal, a concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, asiste ao acto de presentación da Asociación de Especialistas en Enfermería de Galicia, AEDGA.
11.00 h
Na Casa do Concello, recepción á Irmandade de Viños Galegos.
12.00 h
No Hostal Eurostars San Lázaro, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, participa no acto de entrega dos premios da Fundación 10 de marzo.
13.30 h
No pavillón de Santa Isabel, a concelleira de Deporte, Noa Morales, entrega os premios do campionato galego de loitas olímpicas júnior e escolar.
21.00 h
No Teatro Principal, gala inaugural de Atlántica. Festival Internacional de Narración Oral.