Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 31 de maio

9.00 a 21.00 h
No Multiúsos Fontes do Sar, campionato de XIMNASA RÍTMICA. Fase Final Escolar. Federación Galega de Ximnasia

10.00 a 14.00 h
No pavillón de Fontiñas, competición individual de PATINAXE, organizado polo Club Patinaxe Campus Stellae.

11.30 a 14.00 h e 16.00 a 20.00 h
Na Cidade da Cultura, IV Play-off de Bilarda, organizado pola Asociación de Xogos Tradicionais de Compostela.

12.00 h
Na rúa Xelmírez, 15, o alcalde de Santiago en funcións, Agustín Hernández, asiste ao acto en lembranza de Ramón Piñeiro, no día do centenario do seu nacemento.

12.00 a 14.00 e 16.30 a 21.30 h
Na explanada de Salgueiriños, 9ª XiraKarting.

12.00 h
No Parque da Alameda, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

19.00 h
No Auditorio Abanca, Heian presenta ‘Zen del sur’, dentro do ciclo Infantil&Familiar.

20.00 h
No Teatro Principal, concerto de Christian McBride Trio, dentro do ciclo Jazz 1906.

Compartir: