Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 25 de abril

A partir das 9.00 h
En San Lázaro e Monte do Gozo, Campionato de España de Enduro. Ás 16.00 h, entrega de premios en San Lázaro.

9.30 h
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello, sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día: Punto único: designación de membros para as mesas electorais por mor das vindeiras eleccións municipais.

11.30 h e 12.30 h
A Galería Sargadelos acollerá, no marco da XV Campaña Municipal de Animación á Lectura, unha sesión de contos deseñada especialmente para os nenos e nenas de 0 a 3 anos, acompañados das súas familias. Nesta actividade, que se desenvolverá en dúas sesións, ás 11,30 h. e ás 12,30 h está prevista a participación de máis de cen persoas que previamente solicitaron a súa participación.

14.30 h
No Monte do Gozo, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, participa no xantar organizado pola Fundación Ingada, e a partir das 16.30 h, únese ao final do percorrido do Camiño de Santiago dende o Monte do Gozo ata a Praza do Obradoiro.

19.00 h
Na Cidade da Cultura, ‘Romeo e Xulieta’ coa Real Filharmonía de Galicia e Per Poc Títeres. Dentro do ciclo Infantil&Familiar. Asiste o alcalde de Santiago, Agustín Hernández.

20.30 h
No Auditorio Abanca, BarcoPirata Producciones e Teatro Español presentan ‘Continuidad de los parques’ de Jaime Pujol. Con Roberto Álvarez, Fele Martínez, Gorka Otxoa, Luis Zahera e Marta Solaz, dirixidos por Sergio Peris-Mencheta. Dentro da programación de Teatro 2015.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de ‘In Memoriam’, da compañía O retrete de Dorian Gray. Protagonizada por Ezra Moreno e Marcos PTT Carballido e dirixida por Xron. Dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

20.30 h
Na Sala Capitol, triciclo 9 con Nueva Vulcano, Rosvita e Djalminha. Dentro do ciclo Compostela Rock.

20.30 h
No Salón Teatro, o Teatro Nacional de Catalunya, o Centro Dramático Galego e Catro Cadeiras presentan ‘Ganas de ouvear’ dentro do Bono de Teatro Galego e Portugués.

Compartir: