Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de outubro

11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o presidente do Club Financeiro, Roberto Pereiro. Declaracións ás 12.00 horas.

11.00 h
No Salón Verde, o concelleiro de Medio Ambiente e Convivencia, Xan Duro, mantén unha xuntanza cos seus homólogos dos concellos de Ames e Teo sobre xestión de residuos. Declaracións ás 12.15 horas.

11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas; a vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC, Dolores Álvarez; Antonio Moral, director do Centro Nacional de Difusión Musical; e Belén Hernández, xerente do Consorcio de Santiago; para presentar as Xornadas de Música Contemporánea que se celebran na cidade do 10 ao 29 de outubro.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da tenente de alcalde, María Rozas; o director de Curtocircuíto, Pela del Álamo; e o cineasta danés Jørgen Leth para presentar a Retrospectiva que se fará del este ano no festival.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h
En Lavacolla (local social), o alcalde da cidade, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños Ruta Xacobea.

20.00 h
Na sede da Fundación Gonzalo Torrente Ballester (rúa do Vilar, 7), o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, asiste á presentación do libro La ciudad heredada. Evolución urbana y cambios morfológicos, Santiago de Compostela 1778-1950, do arquitecto Pablo Costa.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia dentro do Programa de Abono. Dirixidos por Antoni Ros Marbá interpretan obras de X. de Paz, L. van Beethoven e W.A. Mozart.

22.00 h
Na Zona C, concerto de Fumaça Preta dentro da programación de Curtocircuíto en colaboración co WOSINC.

Festival Internacional de Cine Curtocircuíto
Consultar programación en www.curtocircuito.org

Compartir: