Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de outubro

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde de Santiago, Martiño Noriega, para dar conta dos asuntos tratados na Xunta de goberno local.

12.00 h
No Auditorio de Galicia, ‘Frankenstein’ de HK Gruber, concerto didáctico da Real Filharmonía de Galicia dirixida por Diego García e con Julián Hernández, chansonnier.

13.30 h
O alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe a Fernando García Novo, xerente da Fundación Laboral da Construción, e a Hipólito Trinidad, responsable do proxecto do Centro Nacional de Formación de Referencia en Materia de Rehabilitación, situado na antiga fábrica de curtidos de Pontepedriña de Arriba.

20.15 h
No Auditorio de Galicia, Conversando con… Diego García Rodríguez e Julián Hernández, director e chansonnier no concerto da RFG que se celebrará a continuación.

20.30 h
No Centro Galego de Arte Contemporánea, ‘Siempre/Todavía’, ópera sen voces de Alfredo Aracil e Alberto Corazón, con Juan Carlos Garvayo, pianista. Dentro das Xornadas de Música Contemporánea.

20.30 h
No Teatro Principal, ‘Amigos ata a morte’ de Javier Veiga, dentro do ciclo Teatro 2015. Con David Amor, Ledicia Sola e Xosé A. Touriñán.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto da Real Filharmonía de Galicia, dentro do Programa de Abono do Auditorio de Galicia-RFG e das Xornadas de Música Contemporánea. Dirixidos por Diego García e con Julián Hernández, chansonnier, interpretan obras de T. Musgrave, G. Antheil e HK Gruber.

Compartir: