Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 5 de setembro

10.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal do BNG, Rubén Cela, sobre asuntos de carácter local.

12.00 h
No Salón Nobre de Fonseca, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto académico de lectura do discurso inaugural do curso académico 2014-2015 a cargo do profesor José Vázquez Tato sobre biomimetismo molecular. Asiste a concelleira María Corral.

17.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi (Xunta de Galicia), o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao acto de sinatura do convenio de colaboración entre o Ministerio de Fomento e a Comunidade Autónoma de Galicia para a execución do Plan Estatal de Fomento do Aluguer de Vivendas, a Rehabilitación Edificatoria e a Rexeneración e Renovación Urbanas 2013-2016 por parte do presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijoo, e a ministra de Fomento, Ana Pastor Julián.

Compartir: