Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 27 de setembro

11.00 h
Na praza de Entrepraciñas, a concelleira de Cultura, María Antón, e o alcalde da localidade asturiana de Nava, Emilio Ballesteros, realizan unha ofrenda floral na estatua de Alfonso II O Casto. Sobre as 13:00 horas ofrecerán unha degustación de sidra na praza da Quintana.

12.15 h
Na praza do Obradoiro, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste a IV Concentración de Vehículos Históricos "Xornadas de Patrimonio" de Compostela Monumental. Estará acompañado polo concelleiro de Seguridade e Mobilidade, Alejandro Sánchez-Brunete.

13.00 h
Na Nave 5 do Mercado de Abastos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, clausura Compostela Gastronómica. Posteriormente realizará un percorrido polo Espazo Gastro (naves 1, 6 e 7), visitando e degustando as propostas dos establecementos presentes: Caney, O Ferro, Caracoles, A Curtidoría, Altamira, Castelao, Acio, O Celme do Caracol, Café Candelas e Estrella Galicia. Estará acompañado pola concelleira de Turismo, Reyes Leis.

17.00 a 20.00 h
Na praza Roxa, xornada de cultura urbana Go Hop, con obradoiros de breakdance, graffiti, turntablism DJ e beatbox, ademais de exhibicións destas disciplinas.

18.00 h
Na Fundación SGAE, Habla, no estás sola, da compañía La Mar de Marionetras, dentro do festival Galicreques. Asiste a concelleira Marta González.

19.00 h
No Centro Sociocultural de A Rocha, o concelleiro de Relacións Veciñais, Luis Meijide, asiste aos actos festivos de Santa Eufemia.

20.30 h
Na Zona C, estrea absoluta de Despois do tranvía, dirixida por Carlos Neira, dentro do Bono do Teatro Galego.

21.00 h
No Auditorio de Galicia, concerto de Antònio Zambujo dentro do ciclo Sons 2014.

Compostela Gastronómica
10.00 h
Cociña para nenos: É tempo de marmeladas.
12.00 h
Escaparate gastronómico Área Santiago.
16:00 h
Cociña para nenos: Canapés cos nosos queixos e tartaletas doces.
18.00 h
Compro, cociño e como con... Javier Ozores.

Compartir: