Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 18 de setembro

11.00 h
O alcalde de Santiago, Agustín Hernández, visita as obras que se están a realizar na Colexiata de Sar. Asiste a concelleira María Jesús Sáinz.

12.00 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á segunda sesión do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da OMT "Relixiosidade popular, peregrinación e turismo", onde participa como ponente Brad Towle, director de Promoción e Desenvolvemento de Turismo Internacional da Oficina de Turismo de Kumano Kodo, Xapón. O pasado mes de xullo o Concello participou nos actos conmemorativos do X Aniversario da Declaración do Camiño de Kumano como Patrimonio da Humanidade.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, María Antón, xunto co secretario xeral de Cultura, Anxo Lorenzo, para presentar o IV Festival Internacional Peregrinos Musicais.

13.30 h
No Salón Comedor Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste ao almorzo-debate dentro do I Congreso Internacional sobre Peregrinacións e Turismo da OMT, no marco dos actos conmemorativos do VIII centenario da peregrenación de San Francisco de Asís a Compostela (1214-2014), que se desenvolve en Santiago ata o venres 19.

19.30 h
Na Rúa do Vilar, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

21.00 h
No Teatro Principal, Sarabela Teatro presenta 'A Idade de Pavía' de Arístides Vargas dirixida por Ánxeles Cuña. Dentro do Bono de Teatro Galego.

Compartir: