Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de setembro

11.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, recibe o embaixador de Brasil, Paulo César e Oliveira Campos. (SÓ GRÁFICOS)

12.00 h
No Museo das Peregrinacións, presentación das Xornadas de Música Contemporánea 2014. O acto de presentación contará coa presenza de Agustín Hernández (alcalde de Santiago), Miguel Ángel Recio (director general do Instituto Nacional das Artes Escénicas y la Música, INAEM), Anxo Lorenzo (Secretario Xeral de Cultura da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria), Antonio Moral (director do Centro Nacional de Difusión Musical, CNDM), María Antón (Concelleira de Cultura de Santiago de Compostela), Dolores Álvarez (vicerreitora de Estudantes, Cultura e Responsabilidade Social da USC), Beatriz González Loroño (directora – xerente da Fundación Cidade da Cultura), Andrés Lacasa (xerente do Consorcio para Promoción da Música de A Coruña), Miguel von Hafe (director do Centro Galego de Arte Contemporánea (CGAC) e José Victor Carou director –xerente do Auditorio de Galicia.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude, María Corral, para presentar o Programa de intercambio lingüístico.

12.45 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Deportes, María Corral, para presentar a II miniBTT-DH Cidade de Santiago. Tamén estará o presidente do Club Ciclista Muebles Compostela, Nemesio López.

Compartir: