Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 31 de xullo

11.00 h
Na Sala Eisenman da Cidade da Cultura, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á presentación de "La Vuelta Ciclista a España 2014".

11.30 h
Na Granxa do Xesto, a concelleira de Educación, María Corral, visita os nenos que están a participar no programa de conciliación Verán 2014 da Concellería.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, e do concelleiro José Baqueiro, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

17.30 h
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión ordinaria do día 26 de xuño de 2014 (núm. 10/14).
2. Aprobación, se procede, da acta da sesión extraordinaria do día 8 de xullo de 2014 (núm. 11/14).
3. Aprobación definitiva do estudo de detalle no ámbito das Casas de Ramírez.
4. Toma de coñecemento da aprobación definitiva da modificación puntual do plan xeral de ordenación municipal e do plan parcial no ámbito do SUNP-31 (San Marcos).
5. Determinación de festivos locais para o ano 2015.
6. Proposta da Alcaldía de designación de representantes do grupo municipal popular en organismos supramunicipais, organismos autónomos, fundacións, sociedades mercantis con participación municipal e consellos sectoriais de actuación municipal.
7. Proposición do grupo municipal do PSdeG-PSOE, relativa ao Camiño Inglés.
8. Dar conta do informe de morosidade correspondente ao segundo trimestre de 2014.
9. Dar conta da documentación remitida ao Ministerio de Facenda e Administracións Públicas correspondente ao segundo trimestre do exercicio de 2014, relativa ao seguimento do Plan de Axuste.
10. Dar conta de persoamentos, sentenzas e outras incidencias en recursos contencioso-administrativos.
11. Dar conta de resolucións da Alcaldía de designación de representantes do grupo municipal popular en Comisións Informativas; de nomeamentos de concellarías delegadas; celebración sesións da Xunta de Goberno; nomeamento de membros da Xunta de Goberno e Tenentes de Alcalde, e de dedicacións exclusivas e parcial.
12. Dar conta de resolucións da Alcaldía, das concellarías delegadas e acordos da Xunta de Goberno da Cidade de Santiago de Compostela.
13. Rogos e preguntas.
14. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.

23.30 h
No Campus Sur, Fogos fin de festa.

FESTAS DO APÓSTOLO 2014

20.00 h
Pasarrúas
Charanga Mekánika

21.00 h Atardecer no Gaiás
La Maravillosa Orquesta del Alcohol
Entrada libre

22.00 h
Praza da Quintana
Juan Perro +Zarabanda en concerto
Entrada libre ata completar aforo

23.30 h
Campus Sur
Fogos fin de festa

24.00 h
Praza do Obradoiro
Orquestra Olympus

Compartir: