Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de xullo

11.00 h
No Museo das Peregrinacións, acto de presentación do libro-antoloxía Angrois, homenaxe ao pobo de Angrois como apoio á súa candidatura aos Premios Príncipe de Asturias.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

20.00h
Na praza das Praterías, concerto da Banda Municipal de Música dirixida por Juan Miguel Romero Llopis.

20.30h
Via Stellae
En San Fiz de Solovio, concerto de Lidia Vinyels Curtis e Manuel Vilas que presentan "Manuscrito Guerra 6" dentro do festival Via Stellae.

Compartir: