Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de xullo

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira do grupo municipal do BNG, Elvira Cienfuegos, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, e a conselleira de Facenda, Elena Muñoz, asinan o convenio de colaboración para financiar o Estatuto da Capitalidade.

19.00 h
Na Casa do Concello, as concelleiras Reyes Leis e María Corral reciben un grupo de alumnos do último curso de Turismo da Universidade das Forzas Armadas-ESPE de Quito (Ecuador), no Centro de Estudos Turísticos (CETUR) da USC.

20.00 h
Na Casa da Parra, a concelleira María Corral asiste á inauguración da exposición de Berta Álvarez Cáccamo.

FESTAS DO APÓSTOLO
Praza da Quintana Entrada libre ata completar aforo
III Certame Folk
Xogos e obradoiros (de 12 a 14 h e de 16 a 18 h)
19.00 h Charanga O Recobío de Vaamonde
21.00 h Kepa Junkera
22.30 h Budiño e convidados (Luis Tosar, Carlos Blanco, Piti Sanz e Xabier Díaz)
23.30 h A banda das Crechas

Compartir: