Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 30 de maio

11.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira da Área de Desenvolvemento Urbano Sostible, María Pardo, xunto cos concelleiros Luis Meijide e José María Rosende.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Luis Bello, sobre as cacharelas de San Xoán.

18.00 h
Na praza do Toural, as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez asisten ás actividades de Cultura Urbana.

18.30 h
Na Zona C, os Monicreques de Kukas celebran o seu 35º aniversario con 'Xan Perillán compra queixo compra pan' dentro do ciclo Infantil&Familiar.

19.00 h
Na Alameda, praza da fonte enfrente instituto, as concelleiras María Castelao e Rebeca Domínguez asisten aos obradoiros de xogos de mesa e rol organizados pola Área de Servizos Sociais.

20.00 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, o alcalde de Santiago de Compostela, Ángel Currás, recibe os participantes nas xornadas cardiovasculares (SEMERGEN).

20.00 h
No Teatro Principal, II Gala Lírica dos Conservatorios de Galicia organizada pola Asociación de Amigos da Ópera.

20.30 h
No Salón Teatro, concerto de Fetén Fetén que presentan o seu novo disco 'Bailables' dentro do ciclo Sons'14.

FESTAS DA ASCENSIÓN 2014

CULTURA URBANA:
A partir das 17.00 h.:
" Xornadas de xogos e ocio alternativo para todas as idades"
(Obradoiro de pintura e agasallo de miniaturas de diferentes xogos de estratexia,
Xogos de Taboleiro, Troopa Trooper Star Wars e demostracions do xogo STAR WARS X-WING)
17.30 h. Obradoiro de Graffiti
19.00 h. Obradoiro de Turntablism (Dj)
20.00 h. Obradoiro de Beatbox
21:00 a 22:00 Exhibición de Turntablism: "DJ MIL, DJ CRO e DJ WEBO (Vella Escola)
Show de Rap + Beatbox: "RISK & DAVBEAT" (De Buena Tinta)
Praza do Toural
(Organiza Concellaría de Servizos Sociais)

18.30 h. XAN PERILLAN COMPRA QUEIXO E COMPRA PAN
Os Monicreques de Kukas (35º Aniversario)
Zona C (Bonaval)
20.00 h. II GALA LIRICA DOS CONSERVATORIOS DE GALICIA
(Asociación de Amigos da Ópera de Santiago)
Teatro Principal
(Entrada: 5 euros)
20.30 h. FETÉN FETÉN
Presentación do seu novo disco Bailables
Salón Teatro
5 euros anticipada/8 euros billeteira
20.30 h. XXXVIII Torneo da Chave Festas da Ascensión
Parque da Alameda
(Asociación de Xogadores da Chave de Santiago)
22.00 h. OS RESENTIDOS en concerto
Praza da Quintana
Entrada libre
22.30 h. Orquestra CAPITOL na Alameda

Compartir: