Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 27 de maio de 2014

A partir das 8.30 h
No edificio Cersia, Xornadas formativas para profesionais sobre violencia de xénero, organizadas pola Área de Servizos Sociais do Concello.
A VIOLENCIA DE XÉNERO NO EIDO DA SAÚDE. As situacións de dependencia e permanencia: a relación da muller coa violencia de xénero e colectivos esencialmente vulnerables. Ponente: María Isabel Pereira Calviño, psicóloga clínica do CHUS.

11.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao Río Natura Monbus, con motivo do final de tempada regular de Baloncesto.

12.00 h
No CSC do Ensanche (sala de entrada), ROLDA DE PRENSA da concelleira de Xuventude e Normalización Lingüística, Rebeca Domínguez, e da concelleira da Área de Servizos Sociais, María Castelao, para presentar o evento de cultura urbana Compostela Skate III, que terá lugar o 30 e o 31 de maio.

14.00 h
No comedor do CEIP de Fontiñas, a concelleira de Educación, María Castelao, participa nos actos con motivo do Día internacional do celíaco.

19.30 h
No Hostal dos Reis Católicos, a concelleira de Turismo, Reyes Leis, asiste á presentación do libro "La desventura de la libertad", de Pedro J. Ramírez.

Compartir: