Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 13 de maio de 2014

9.00 h
No Salón Reitoral de San Xerome, o alcalde compostelán, Ángel Currás, asiste ao Consello de Administración de Uninova.

10.30 h
Na Catedral de Santiago, o alcalde compostelán, Ángel Currás, xunto coa delegación de Wakayama, asiste ao concerto "Espírito de Xapón. Cantos e danzas de monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama de Xapón".

11.45 h
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Ángel Currás, recibe a delegación de Wakayama, encabezada polo alcalde de Tanabe, Mitsutoshi Manago, que asinará no libro de Ouro. A continuación, ambos rexedores renovarán o convenio de colaboración para a promoción conxunta das cidades e dos Camiños de Santiago e Tanabe. Ao remate, encontro coa prensa.

19.00 h
No Csc O Ensanche, ADICAE (Asociación de usuarios de bancos, caixas e seguros) imparte unha charla gratuíta sobre as estafas das compañías de telefonía e como ler a letra miúda dos contratos para evitar que a factura se dispare.

20.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción á delegación de Tanabe.

Semana de Xapón en Santiago
- 10:30 - 11:30 h. Actuación 'Espírito de Xapón - Cantos e danzas de monxes budistas e sacerdotes xintoístas da Prefectura de Wakayama de Xapón'
Lugar: Catedral de Santiago de Compostela.
Entrada gratuíta.
- 18:00 - 19:30 h. Conferencia 'Filosofía e Espiritualidade do Pobo Xaponés'
Lugar: Salón Paraninfo. Facultade de Xeografía e Historia (USC).
150 prazas. Entrada gratuíta.

Compartir: